Independentisme
Esdeveniment gratuït
Presentació del documental sobre l'Operació Garzón a Marín (Galicia)
8 de maig de 20:00 a 22:00

O próximo mércores 8 de Maio ás 20h o Colectivo Nacionalista proxectará na biblioteca de Marín o documental Operació Garzón.

“Operación Garzón” é un documental publicado no 2012 con motivo do 20 aniversario do inicio dos xogos olímpicos de Barcelona. O documental dirixido por Eduard Miguel Costal, quen tamén é o seu guinista, pretende lembrar a outra faciana das olimpiadas e o movemento de protesta que houbo na súa contra naquela altura, así como o desmedido despregamento militar en Catalunya e do que se deu en coñecer como Operación Garzón ou Garzonada.

A Operación Garzón ou Garzonada foi unha operación policial que implicou a detención de 45 persoas ligadas ao movemento de independencia de Catalunya. Realizada principalmente entre 29 de xuño e 14 de xullo de 1992 (a pesar dalgunhas prisións máis tarde, foi dirixida principalmente polo xefe da Tribunal Central de Instrución nº 5, Baltasar Garzón .

Esta actuación ordenada desde as máis altas instancias do estado, preparouse ante a celebración dos Xogos Olímpicos de 1992 en Barcelona co fin de impedir calquera actuación do independentismo durante os xogos.

En 1995, 25 detidos foron xulgados e o eco dos acontecementos alongouse no tempo, debido a denuncias de tortura de 17 detidos. Con base nestes informes, iniciouse un proceso xudicial que terminou no Tribunal Europeo dos Dereitos Humanos de Estrasburgo en 2004 e condenou o Estado español por ter rexeitado investigar as denuncias de tortura.

Este documental, galardoado en Chile no 4º Festival de Cine dos Pobos Indixenas e nacións sen estado do mundo, foi producido grazas á aportación económica de moitas persoas, a través de micromecenaxe, e impulsado por Zeba Produccións e o portal Llibertat.cat

On es realitza l'esdeveniment?
Marín
ACONSEGUEIX EL DOCUMENTAL
Si vols el documental en DVD (amb subtítols en anglès i espanyol) només has d'enviar un correu electrònic a operaciogarzon@llibertat.cat i te l'enviarem a casa.
Col·laboradors
Segueix-nos
Subscriu-te al butlletí
(cc) 2006 - 2024 · Comitium Suite · Dissenyat per Fuksia · Equip de Llibertat.cat - Avís legal - correu@llibertat.cat · XHTML vàlid